A Xunta directiva do Sálvora
CF quere comunicar que Manuel Pardavila Escalera (Riveira 1991) “PARDA” deixa
de ser xogador do equipo Sénior e adestrador de categorías Base para a vindeira
temporada xa que por motivos de estudios vaise para fora de Galicia. O xoven
defensa riveirense marcha para completar os seus estudos de Enxeñería Química e
non poderá estar con nós a vindeira campaña.
Como xogador do clube tras
estar 3 anos no primeiro equipo, converteuse nun pilar básico para os adestradores
pola súa garra, seguridade e manexo da pelota no que
consigueu 1 Campionato de Liga de 3ª Autonómica con Ascenso a 2ª Autonómica e
xogou 2 promocións de ascenso a 1ª Autonómica, sendo parte importante da
plantilla que viviu a época dourada do equipo Sénior, non só desde o punto de vista
deportivo, senón tamén desde o lado humano sempre disposto a facer grupo. Este pasado ano tamén
estivo colaborando coa entidade adestrando a un equipo da categoría Benxamín.
Desde a Xunta directiva queremos
agradecer o esforzo e dedicación realizada por “Parda”, sabemos que ata rexeitando
ofertas para xogar en categorías superiores por seguir con nos, polo que
esperamos que complete a súa formación profesional o mellor e máis rapidamente
posible e moi pronto o teñamos colaborando coa nosa entidade.
MOITA SORTE PARDA

No hay comentarios:
Publicar un comentario