A Xunta directiva do Sálvora
CF quere comunicar que Jesús Paz deixa de ser o adestrador do equipo Senior do
clube. Tras 2 temporadas dirixindo o equipo Senior acadando por 2 anos seguidos
o segundo posto que deu opción a xogar as promocións de ascenso a 1ª
Autonómica, o que se suma os anos anteriores adestrando en categorías Base e
como xogador do equipo Senior, supón que o adestrador de Bandourrío considere que necesita un
descanso e pideunos abandonar a dirección do equipo.
Desde a Xunta directiva
queremos agradecer o esforzo e dedicación realizada durante estes anos adestrando
en diferentes categorías da entidade e esperamos que este pequeno descanso lle
sirva para coller novos folgos e moi pronto voltemos a telo dentro do noso
organigrama de adestradores. Esperemos que durante este tempo poda disfrutar da
súa familia e que moi pronto volte a estar con nos, xa que esta é a súa casa.
Gracias “Jancho”
A Xunta directiva informará
nos vindeiros días de quen vai a ser o adestrador do equipo Senior do clube a vindeira temporada na que
volverá militar na 2ª Autonómica.


No hay comentarios:
Publicar un comentario