A Xunta directiva do Sálvora
CF quere informar que José Luís Campaña Parada (Riveira 1982) “SIÑO” será o adestrador do equipo
Senior a temporada 2014/15. Tras decidir tomar un descanso como xogador, o
riveirense collerá as rendas do equipo Senior do clube, nunha temporada que se
presenta moi complicada e co único obxectivo de salvar a categoría.
Tras pasar polo clube coma
xogador desde o seu inicio no que consigueu 1 Campionato de Liga de 3ª
Autonómica con Ascenso a 2ª Autonómica e xogou 2 promocións de ascenso a 1ª
Autonómica, sendo parte importante da plantilla que viviu o crececemento do
clube, adestrador de categorías base e nos últimos 3 anos realizou as funcións
Coordinador das mesmas vai debutar este ano na dirección do equipo Senior.
Graduado en Educación
Primaria, Monitor de Fútbol Base da Escola Nacional da RFEF, e en proceso de
obter o Primeiro Nivel de adestrador de 
Fútbol, que unido a súa experiencia 
nos banquillos da base, fai que desde a directiva pensara que será a
persoa adecuada para dirixir o equipo, xa que seguirá ca idea fundamental do
club que segue sendo a do seu inicio, ser un equipo identificativo coa Cidade
de Ribeira traballando dende a canteira con xogadores da propia cidade e
formados na casa. 


No hay comentarios:
Publicar un comentario