Desde a directiva do Sálvora
CF xa estamos planificando a nova temporada 2014/2015. Unha nova aventura con
moitas novedades xa planificadas e que o longo dos vindeiros días iremos
informando a través dos diferentes medios cos que conta o clube.
A primeira das novedades ten
que ver coa nova estructura que se lle vai a dar a esta entidade no eido da
planificación deportiva dentro do Fútbol Base, (exe prioritario da entidade),
xa que os preto de 200 rapaces que están baixo a nosa disciplina repartidos en
todas as categorías desde biberóns ata xuvenís,
fan que o nivel de traballo aumente e consideramos desde a directiva que
esta nova estructura vai favorecer a atender mellor todas as necesidades do
clube, buscando unha tecnificación e unha mellora deportiva do clube.
Polo tanto, queremos comunicar
que as tarefas de coordinación vanse a dividir entre 2 persoas: José Angel Mato Cadórniga que se
encargará da coordinación do Fútbol 8 (Biberóns, Prebenxamíns, Benxamíns e
Alevíns) e Fernando Abelleira Paz
que se encargará da coordinación do Fútbol 11 (Infantís, Cadetes e Xuvenís). As
dúas persoas contan cunha dilatada experiencia adestrando a diferentes equipos
e categorías e ademais poseen entre outros o Título de Monitor de Fútbol Base
da Escola Nacional da RFEF.
A idea fundamental do club segue
sendo a do seu inicio, e decir, ser un equipo identificativo coa cidade de
Ribeira traballando dende a canteira con xogadores da propia cidade e formados
na casa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario