28 de mayo de 2012

Subcampeón do Cidade de Ribeira



 Non puido ser, nesta ocasión David non puido con Goliat. O Ribeira lévase na tando de penalties o Cidade de Ribeira



Logo dun partido aberto, con ocasións por ambas partes e bo xogo por parte de ambos combinados, o equipo que dirixe Alberto Campaña non tivo fortuna dende os lanzamentos de penalti.

O resultado de empate a un goles fixo vibrar á afeción salvorista que animou durante todo o partido aos seus xogadores. Logo, na tanda dende o punto fatídico o Sálvota faiaría dous penalties e o Ribeira un.

Felicitar ao Ribeira polo triunfo, e sobre todo destacar a maravillosa tempada que nos vindraron os xogadores salvoristas, acadando o ascenso a 2º Autonómica e chegando ata esta final do trofeo Cidade de Ribeira  deixando eliminados a equipos de superior categoría como son o Aguiño ao que gañou na Tasca por 2 goles a 3, e ao Atl.Olerios ao que dobreagou na Fieiteira por 2-1.

Por último agradecer a Alberto Campaña o seu traballo durante estos anos de dedicación e traballo no clube.

¡¡¡Noraboa rapaces!!!!!

No hay comentarios: