29 de mayo de 2012
RESULTADOS FIN DE SEMANA
Os Benxamíns B e Alevíns B participaron na Fase Previa da Copa Sálvora sen poder acadar o acceso a Fase Final.
No Torneo Campus Puebla o equipo Benxamín, con moitos xogadores Prebenxamíns, deixaron un gran sabor de boca tras caer en Cuartos de Final diante do EF Vilanova.
Os Cadetes, tras empatar a 1 gol diante do Calo perderon tras os lanzamentos de penaltis e foron apeados da Copa do Sar.
Os Infantís, na Final da Copa do Concello, caeron por 4-0 fronte o Aguiño, tras xogar un moi bo partido pero a superioridade física na última media hora foi decisiva. De todas formas os obxectivos deste equipo foron ampliamente conqueridos o manterse sen problemas en Provincial e o chegar a Final da Copa do Concello.
O equipo Senior tamén, tras empatar a 1 gol, perdeu a penaltis a Copa do Concello, diante do Atl. Riveira.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario