Para comenzar o Benxamín B e o Alevín B compiten o Sábado 26 de Maio na Fase Previa da Copa Sálvora buscando un dos postos que dan acceso a Fase Final da vindeira fin de semana.
O Benxamín A compite no Torneo "Campus Puebla" que se disputa na Pobra os días 26 e 27 de Maio.
O equipo Cadete comeza a súa andaina na Copa do Sar diante do S.R. Calo nunha eliminatoria a partido único a disputar o Domingo 27 de Maio as 11.30 horas en A Fieiteira.
Na tarde do Domingo 27 os equipos Infantil e Senior xogan as finais da Copa do Concello en A Fieiteira. Os Infantís diante do X. Aguiño as 16:30 e os Seniors diante do Atl. Riveira as 18:30 horas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario