10 de julio de 2015

ANXO ORELLÁN - NOVO COORDINADOR DE F-8


Como anunciamos o pasado mércores imos dar o nome do novo Coordinador de F-8 da entidade que será Anxo Orellán Fernández. Unha persoa que forma parte activa da institución desde fai varios anos, cunha dilatada experiencia no mundo do fútbol Base, ex-xogador do equipo senior e adestrador de diferentes equipos do clube, que posue entre outros o Título de Monitor de Fútbol Base da Escola Nacional da RFEF, que será o encargado de coordinar as categorias de F-8 do clube, desde Biberóns ata Alevíns.
Nos vindeiros días iremos anunciando os adestradores que este ano estarán con nós e por adiantado queremos agradecerlle que aceptaran colaborar con esta entidade a pesar das diferentes propostas que tiveron.

No hay comentarios: