5 de agosto de 2015

INICIO ADESTRAMENTOS XUVENIL, CADETE E INFANTIL

O Luns 3 de agosto comezaron os adestramentos da Categoría Cadete. Os máis de 30 rapaces iniciaron as 19:15 horas os seus adestramentos en A Fieiteira para unha temporada moi complicada, na que teremos dous equipos en competición. Un na categoría de 1ª Autonómica, por 4º ano consecutivo e outro en 2ª Autonómica.
O Martes 4 de agosto comezaron os adestramentos das categorías Infantil, que novamente por 5º ano estará en 1ª Autonómica e Xuvenil, que a pesar de gañar a promoción de terceiros o ano pasado non tivo plaza e estarán en 2ª Autonómica.
Durante os vindeiros días irán pouco a pouco empezando o resto de categorías da Base do clube.

No hay comentarios: