Imos coa primeira das novedades para a temporada 2015/2016 no Fútbol Base que ven marcada polo cambio de Coordinador no F-8 do clube, xa que José Mato ten que deixar estas funcións porque vai adestrar o equipo infantil de Liga Galega do Santiago de Compostela CF e estará involucrado no staff técnico do Noia CF en 3ª división, polo que non pode compatibilizar os postos. Seguirá por suposto que colaborando coa nosa entidade noutras actividades nas que xa estamos traballando e axudando, en todo o necesario, o novo coordinador de F-8 que anunciaremos mañán.
Agradecemos o seu traballo de Coordinador de F-8, tarefa que compaxinou desde xaneiro ca de adestrador do Infantil A e desexamoslle moita sorte na nova aventura nunha categoría superior.
Estamos moi orgullosos que outros equipos se fixen nos nosos adestradores e xogadores para competir en categoría superior. Supoñemos que eso significará que non facemos tan mal as cousas e que buscamos o mellor para os nosos xogadores, tomando decisións que podan gustar máis ou menos, pero sempre pensando na formación dos rapaces, e sempre na medida das nosas posibilidades............#NósTaménEstamosAquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario