Onte a tarde celebraronse os sorteos dos calendarios da 2 autonómica categoría xuvenil e de 1ª Autonómica Cadete e Infantil donde o Sálvora vai ter representación.
O equipo xuvenil, que é a gran novedade na estructura do clube, xa que se compite por primeira vez desde a fundación do clube, comeza a súa temporada o vindeiro 7 de setembro visitando ao Cordeiro CF. O equipo que adestrará Siño está inmerso nunha liga que forman 14 equipos.
Pola súa banda o equipo cadete adestrado por José García comenzará a Liga o 1 de setembro enfrentándose a SD Milladoiro en A Fieiteira. Os cadetes parten coa única idea de intentar salvar a categoría con un equipo composto na totalidade por xogadores de primeiro ano.
Para finalizar o equipo Infantil de Jose Mato e Javi Santos comenzan a Liga o 31 de Agosto enfrentándose en A Fieiteira ante un dos favoritos para loitar polo ascenso como é a Sd Negreira. Duro rival para comenzar unha temporada moi dificil na que intentarán manterse na categoría.
Nos próximos días realizaránse o sorteo dos calendarios das diferentes categorías (Infantil B, Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns) que iremos publicando na web diariamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario