13 de agosto de 2013

PARTIDO AMIGABLE: SÁLVORA CF - PUEBLA CF. ENTRADA GRATUÍTA


Os seniors comezaron cunha victoria ante un bo Cabo de Cruz

O equipo senior comezou o pasado domingo os amigables de pretemporada xogando en Valiño diante da Sd Cabo de Cruz logrando unha victoria por 2-3 con goles de Damián, Vicente e Manu Millán, nun partido marcado polo sofocante calor e os continuos cambios que ambos adestradores realizaban para probar os xogadores. Ante un rival que vai estar nos postos altos da tabla de 3ª autonómica o equipo de Jesús Paz tivo a súa primeira toma de contacto da pretemporada realizando moitas probas cos xogadores novos e cos xuvenís que participaron no encontro.
O seguinte amigable é un rival dunha categoría superior, o Puebla CF, que visitará A Fieiteira o vindeiro mércores 14 de agosto as 21:00 horas, con por suposto entrada de balde para toda a xente que queira ver as evolucións do Sálvora e tamén do equipo visitante, adestrado por Vecho, e que será un dos candidatos a loitar polo ascenso a Preferente na dura competición de 1ª Autonómica.

No hay comentarios: