Onte realizouse o sorteo do calendario do Grupo 5 de 2º Autonómica da Categoría Senior a cal comenzará a súa competición o vindeiro 1 de Setembro.
O Sálvora CF debutará xogando na casa no Sintético de A Fieiteira ante o derradeiro Campeón da Copa do Sar e que o ano pasado tamén estivo loitando ata o final nos postos altos da tabla a SD Urdilde.
O equipo de Jesús Paz vai ter un inicio de Liga moi duro e debutará ante un dos equipos favoritos para estar na parte noble da clasificación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario