5 de agosto de 2013

CAMPAÑA DE SOCIOS 2013/2014




O Sálvora CF inicia a campaña de captación de socios para esta temporada 2013/2014. Unha nova temporada na que o equipo segue crecendo (Por primeira vez participarase en tódalas categorías federadas), e na que por tan só 17 Euros disfrutarás dos partidos de tódalas categorias do clube, que este ano competirá con 12 equipos distribuídos nas seguintes competicións:
SENIOR: 1 EQUIPO EN 2ª AUTONÓMICA.
XUVENIL: 1 EQUIPO EN 2ª AUTONÓMICA.
CADETE: 1 EQUIPO EN 1ª AUTONÓMICA.
INFANTIL: 1 EQUIPO E 1ª E OUTRO EN 2ª AUTONÓMICA.
ALEVÍN: 1 EQUIPO E 1ª E OUTRO EN 2ª AUTONÓMICA.
BENXAMÍN: 1 EQUIPO E 1ª E OUTRO EN 2ª AUTONÓMICA.
PREBENXAMÍN: 2 EQUIPOS NA LIGA FEDERADA DA DELEGACIÓN DE SANTIAGO.
BIBERÓN: 1 EQUIPO.
Queremos agradecer a confianza que moita xente depositou no clube o ano pasado, donde rondamos os 100 socios, e que grazas a campaña que os senior realizaron o manterse na Segunda Autonómica, tal e como estaba escrito na Campaña de captación de socios do ano pasado, estes socios terán o abono gratuíto para esta temporada 2013/14.
Podes renovar o carnet ou facerte socio no Bar Capitán Morgan, vía mail, facebook, twitter, ou web do clube, falando con membros da directiva do Sálvora CF ou en calqueira partido no que estea presente algún dos nosos equipos.
Recordamos que este proxecto do Sálvora CF necesita o apoio de todos e todas para seguir crecendo desde a Base e ogallá podamos ver moi pronto A Fieteira de novo como nos derradeiros partidos da temporada pasada donde seniors, cadetes e prebenxamíns fixeron que o nome do SALVORA CF acadara cotas e unha ilusión inimaxinable cando se creou o equipo. A foto das bandeiras en Xarás e no León de Padín, xunto o ambiente que se viviu nas gradas no partido de promoción ante o CD Baio son xa histora viva de Riveira.

ANIMATE E FAITE SOCIO


No hay comentarios: