Outro ano máis a E.Fútbol Sálvora volta a camiñar. Queda aberto o plazo de inscripción a tódolos nen@s que se queiran iniciar a un deporte colectivo como é o fútbol.
¿ Qué é a E.F.Sálvora?
Unha actividade lúdica, deportiva, formativa e social posta en marcha no ano 2008 polo Sálvora C.F en Riveira.
¿ A quen vai dirixida?
A nenos e nenas nacidos nos anos 2004, 2005, 2006, 2007, 2008 e 2009 que dende a primeira semana de Outubro ata a última semana de Maio, disfrutarán á iniciación dun deporte colectivo como é o "Fútbol".
¿Por qué nace a E.F.Sálvora?
Como unha demanda de pais e nais que queren iniciar aos neos a unha actividade deportiva colectiva como é o fútbol.
Como medio para ocupar o tempo de ocio e fomentar os hábitos relacionados coa saúde e benestar.
A mediados do mes de Setembro, todo nen@ inscrito, recibirá un SMS indicando o día e hora de reunión para planificar o vindeiro curso 2013/2014.
¿ Quen será o monitorado?
Os profesores serán titulados pola R.F.E.F e con gran experiencia no traballo do fútbol base.
No hay comentarios:
Publicar un comentario