A directiva do Sálvora CF informa que 12 adestradores da súa entidade acaban de finalizar con éxito o I Curso de Monitor de Fútbol Base (Nivel 0) que se levou a cabo en A Pobra do Caramiñal do 1 de abril ata o 1 de xullo e realizado pola Federación Galega de Fútbol e a Escola Galega de Adestradores.
A directiva acordou que a tódolos seus adestradores interesados en realizar dito curso, se lle sufragara a súa inscripción agradecendo deste xeito o traballo realizado nos últimos anos por todos eles e para mellorar nun futuro a formación dos mesmos e para que eles a podan por en práctica nos adestramentos das nosas categorías.
Esta iniciativa enmarcase na política do clube de INVERTIR NA FORMACIÓN da xente que colabora con nós, repercutindo directamente, na mellora das condicións deportivas, sociais e culturais dos nosos deportistas.
Queremos agradecer desde a directiva o compromiso dos adestradores co clube e consideramos que invertir na súa formación, é unha pequena forma de agradecerlle o seu esforzo o longo de estes anos, perdendo horas do seu tempo libre, tanto durante a semana coma os fins de semana e que eles desinteresadamente o dedican a nosa entidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario