1 de agosto de 2013

INICIO TEMPORADA 2013/14

Unha nova temporada está a piques de comenzar e polo tanto desde esta web intentaremos ir dando todas as novedades que se vaian producindo en todos os equipos da entidade.
Tras unha temporada pasada moi intensa e longa coa promoción dos Seniors e dos Cadetes e a Fase polo Título Galego dos Prebenxamíns nos vindeiros días comenzarán os adestramentos das diferentes categorías.
Por exemplo, o equipo Senior xa comenza mañán venres 2 de agosto os adestramentos no Campo Municipal Sintético de A Fieiteira.
A primeira gran novedade deste ano e que desde xa queremos comunicar é que por primeira vez desde a súa fundación o equipo vai participar en tódalas categorías da Federación Galega de Fútbol xa que se crea o equipo Xuvenil, un equipo donde varios dos seus xogadores van a realizar a pretemporada co equipo senior e que esperemos que co seu traballo e esforzo podan ter durante o ano os seus minutos na Segunda Autonómica.
Nos vindeiros días iremos dando conta de máis novedades relacionadas con esta entidade, tanto nesta web coma no Facebook do clube: Salvora Cf Aficionado ou no twitter @SALVORACF.



No hay comentarios: