No partido de ida da Primeira eliminatoria para o ascenso a Liga Galega o Sálvora caeu derrotado por 1 gol a 2 diante dun gran equipo que demostrou o cartel de favorito que tiña antes de realizarse o sorteo.
O partido comenzou mal, con moitos nervos por parte dos locais, xa que no minuto 2 o CD Foz adiantouse por mediación do seu dianteiro Gonzalo que se foi moi ben dos nosos defensas e bateu o porteiro do Sálvora Álvaro que non pudo facer nada ante a boa definición do dianteiro.
Pouco a poco co paso do tempo o equipo local foise asentando no campo e foron achegándose a portería do Foz con ocasións para Juanjo, Alex e Kiko que non foron capaces de aproveitalas. O Foz seguía chegando con perigo a portería local con xogadores como Gonzalo, Germán ou Asier que demostraron o gran nivel que poseen, e que unido a súa eficacia defensiva fan do Foz un gran candidato o ascenso.
Na segunda parte trocaron as cousas e o equipo local levou a iniciativa (sorprendentemente non se notou a falta de adestramentos do equipo local o cal leva prácticamente desde Xaneiro so podendo adestrar un día a semana por diversos motivos) con ocasións moi claras sobre todo unha de Kiko que sen porteiro rematou fora. Aínda así o equipo loitou e no minuto 70 conseguiu o empate tras un penalti por máns dun defensa que transformou Graña. Cando restaban 2 minutos nunha falta colgada a area o equipo da mariña lucense nunha indecisión defensiva logrou o segundo gol de cabeza por mediación de Iván. O equipo local tralo esforzo realizado quedou sin a recompensa como xa lles pasara noutros partidos de Liga donde se lle escaparon puntos nos derradeiros minutos dos partidos.
Polo tanto o CD Foz recibirá este Domingo 9 de Xuño as 18:00 no Campo Municipal de Malates o equipo salvorista cunha ventaxa importante no marcador pero esperemos que os rapaces de Fernando e Artola sean quen de remontar a eliminatoria, e sobre todo que disfruten do bonito e diferente que é xogar unha Fase de Ascenso a Liga Galega, algo que so valorarán nun futuro. Unha experiencia moi interesante e que é o premio a gran tempada realizada por este equipo.
Os Cadetes tamén xogan o Sábado 8 as 11:00 horas en A Charca diante da SD Abanqueiro os oitavos de final da Copa do Sar, eliminatoria a partido único, tras derrotar na Primeira ronda tamén a domicilio o Sporting Estrada por 0-2.
No hay comentarios:
Publicar un comentario