3 de junio de 2013

CD BAIO 0 - SÁLVORA CF 0

O equipo senior disputou o domingo 2 de xuño o seu segundo partido de promoción de ascenso ante o CD Baio no Platas Reinoso, colleitando un meritorio empate que o mantén lider da Fase de ascenso.
O equipo de Suso saeu moi concentrado aguantando as primeiras embestidas dos locais e pouco a pouco foise afianzando no campo igualando as súas forzas. Un par de ocasións por parte do Baio que foron respondidas polo meta Javi na primeira parte foi o único reseñable. Xa na segunda o equipo foi aproveitando que o Baio deixaba ocos atrás e fruto desto Damian tivo unha gran ocasión para poñerse por diante no marcador. Os últimos 15 minutos foron xogados con moita cabeza e lograron sumar un valiosísimo empate que sigue dando forzas para manter a ilusión e que o sono continue.
Desde a directiva queremos agradecer o preto de 80 siareiros que se desplazaron ata Baio, tanto en autobús como en coches particulares e que deron color a grada animando o seu equipo e facendo que os xogadores no campo se sentisen arroupados e que a diferencia na grada frente as preto de 300 persoas que animaban o equipo local fose mínima.
O equipo descansa a vindeira xornada e volta a xogar o 16 de Xuño en Agolada, partido no que dependendo do resultado do CD Baio-SD Agolada do vindeiro domingo pode supoñer a primeira posibilidade de ascenso.


No hay comentarios: