12 de junio de 2013

CADETES : CD FOZ 1 - SÁLVORA CF 0

Non pudo ser e o equipo cadete quedou apeado da loita polo ascenso a Liga Galega. Nun partido de volta moi igualado e que se resolveu no minuto 20 da segunda parte, o equipo adestrado por Fernando e Artola estivo en todo momento poñendo en apretos o equipo lucense malgastando boas ocasións de gol sobre todo na segunda parte, donde foron moi superiores os locais a pesares do cansancio do longo viaxe e de ter xogado o día anterior un partido de Copa do Sar fronte a Sd Abanqueiro.
Os xogadores deronse conta de que non eran para nada inferiores o campeón de Lugo e que cun pouco de esforzo durante toda a temporada poderían ter chegado máis lonxe. De seguro que para eles foi unha experiencia inesquecible.
Agora só lles queda xogar os cuartos de Final da Copa do Sar donde voltoulles a tocar xogar fora da casa, (e van 3 eliminatorias a partido único seguidas xogando fora) frente o ED Val do Ulla co que se estivo xogando ata a última xornada o posto de xogar a Promoción de ascenso, polo que terán un partido moi complicado e que terán que superar se queren seguir adiante nesta competición, partido que se xogará o Domingo 16 de Xuño as 11:00.

No hay comentarios: