Na tarde do Domingo 28 de xuño celebrouse no Campo da Guía en Carreira a Supercopa da categoría Prebenxamín.
O noso equipo, gañador da liga, enfrentouse en semifinais ó Caamaño ao que venceu por 5-0, e xogou a final ante o Carreira que derrotou na outra semifinal ó Porto do Son.
Nunha final moi disputada e con múltiples ocasións con tiros o poste e goles anulados para o Sálvora, o equipo de Siño e Coira non acertou a meter o balón na porteria, e o Carreira levouse o gato a auga cun gol de Pascal cando faltaban menos de 5 minutos para acabar o partido.
Deste xeito non puderon facer o doblete, pero non empaña a gran temporada feita e xa pasaran a historia ó ser o primeiro equipo que gaña unha liga de prebenxamíns organizada desde a Delegación de Santiago de Fútbol.
Parabéns e a seguir traballando....
No hay comentarios:
Publicar un comentario