29 de junio de 2009

Fin de Temporada da canteira




Este pasado fin de semana chegouse ao fin de tempada das categorías base do Sálvora C.F.

Destacamos a creación do Benxamín B que polo mes de Setembro colleu Artola, un equipo de rapaces prebenxamíns e de primer ano de benxamín. O rendimento que lle sacou foi moi bo quedando no sexto posto na Liga Regular e nun meritorio quinto posto na Copa do Concello de Ribeira.

Mentras o equipo Benxamín A, ao que entrenaría outro ano mais Jose, quedaría campión de Liga Regular con moita autoridade. Na Copa do Concello de Ribeira revalidarían o título obtido o ano pasado e tamén conseguirían impoñerse na Supercopa de esta mesma competición.

Outro éxito de estes rapaces foi obter o Campionato Provincial de Fútbol Sala que se disputou en Ribeira derrotando ao Peleteiro de Santiago na final.Para culminar a tempada leváronse o I Campus Puebla F.C derrotando ao poderoso Abanqueiro S.D na final.

No noso afán de crear canteria, no mes de Marzo Dani Coira e Siño, colleron as rendas do equipo de Prebenxamíns con rapaces nacidos entre o ano 2001-2002 os cales quedaron campións da Liga Regular e Subcampións de Supercopa.

Nesta tempada que remata acadamos a cifra de 32 xogadores nas nosas categorías base, os cales esperamos que se incrementen nos vindeiros anos chegando a crear unha canteira que nos dará moitos éxitos nun futuro.


¡¡¡¡Felicidades Campións!!!!!!!

No hay comentarios: