29 de junio de 2009

TORNEO CAMPUS FUTBOL 7 PUEBLA FC

Este pasado fin de semana os nosos 2 equipos benxamíns participaron no "I Torneo Campus Fútbol 7 del Puebla FC", celebrado nas instalacións da Alta.

Obviamente o obxetivo dos 2 equipos era diferente, mentres o equipo B participaba para seguir mellorando o equipo A buscaba acadar unha boa posición. O Equipo B gañou un partido ante o Puebla C por 5-1, e perdeu nos ultimos minutos ante o Puebla A por 2-0, e ante o Abanqueiro B por 6-0 notando o cansanzo de xogar en menos de 24 horas 5 partidos.

Pola súa banda tras conquistar o título da Supercopa o venres pola tarde, o equipo dirixido por Jose buscaba o título neste torneo, tras perder a final da Copa Sálvora a principios de mes. E a pesar do cansanzo acumulado conqueriron a fazaña tras derrotar na final ó Abanqueiro A na tanda de penalties, tras empatar a 2 no tiempo reglamentario.

Na fase de grupos desenrrolada o sábado pola mañán os xogadores notaron o esforzo e o cansanzo acumulado de xogar 3 partidos o venres pola tarde e outros 3 o sábado pola mañán, pero aínda así lograron gañar os 3 partidos, primeiro ante o Crocha B por 3-0, logo ante o Cidade de Santiago por 2-0 e finalmente ante o Porto do Son por 1-0.
Deste xeito pasaron primeiros de grupo e enfrontáronse xa o Domingo a mañán en cuartos ante o Unión ó que gañaron por 5-0. Nas semifinais derrotaron ó Abanqueiro B por 1-0 e na final como xa comentamos gañaron nos penalties cunha parada espectacular de Angel no penalti lanzado por Brais.
A final foi moi igualada e a pesar de empezar gañando o Sálvora por 2-0 con goles de Juan García e Cristian o Abanqueiro foi capaz na segunda parte de empatar o partido. O Sálvora tivo 2 tiros o pau antes do pitido final pero a pelota non quiso entrar e nos penalties gañaron o torneo tras anotar os 3 penalties Juan García, Cristian e Alex e parar Angel o de un xogador do Abanqueiro. Deste xeito ademais do título foi o equipo menos goleado do Torneo.

Felicidades e noraboa para o equipo polo esforzo feito durante toda a temporada pero especialmente este fin de semana no que conqueriron 2 títulos.

Debemos mencionar que neste torneo participou co Sálvora A o xogador do B Pablo Sampedro que tivo unha moi boa actuación, tendo os seus minutos en todos os encontros e anotando un gol no partido de cuartos de final ante o Unión. O traballo de canteira empeza a dar os seus frutos e para os xogadores do B é unha grande ilusión ser convocados co A, tras traballar duramente todo o ano.

Os xogadores que conqueriron este torneo foron os seguintes: Angel, Alex, Nacho, Pablo, Juan García, Iker, Pepe, Pedro, Cristian, Juan Noya e Pablo Sampedro.

Nos próximos días colgaremos nesta páxina fotos deste torneo.

No hay comentarios: