18 de agosto de 2014

Partido Senior




Onte domingo disputouse no campo de A Tasca o encontro da categoría afecionado entre o X.Aguiño e o Sálvora C.F. Nunha tarde moi calurosa, os dous equipos ofreceron un bo partido con situacións de ataque nas dúas porterías.

O dominio do xogo foi alterno. Na primeira parte o equipo salvorista dispuxo de varias ocasións para abrir o marcador pero non foi ata o minuto 40 donde se adiantarían no marcador gracias a un gol de Pulgui. Na segunda metade o X.Aguiño empataría cun gol do xuvenil Gustavo. A partir de este momento o Sálvora levaría a iniciativa no xogo ata o final do partido e anotaría un total de tres goles máis materializados por Carlos, Alberto(2).

Sálvora C.F: Javi, Cristian, Héctor, Álvaro, Rafa, Carlos, Graña, Isma, Moisés, Pulgui, Damián. Tamén xogaron: Moncho, José Jasiño, Sergio, Iván, Alberto Faneco.

Mañán martes o equipo franximarelo disputará no campo de Cadreche un novo partido amigable fronte o Puebla as 21.00h. Este tipo de partidos sirven para mellorar a posta a punto dos xogadores.

No hay comentarios: