14 de agosto de 2014

CAMPAÑA DE SOCIOS 14/15: "SO NOS FALTAS TI"

Por solo 20 EUROS podes facerte socio do Sálvora CF e unirte a familia do clube formada polo de agora por 14 equipos que se reparten entre todas as categorías, desde Biberóns ata Seniors, con preto de 200 fichas federativas. Un clube que ademáis do deporte colabora con moitas máis actividades e asociacións do Concello de Riveira (a donde pertenecemos) como se pode observar nas iniciativas levadas a cabo desde os seus comenzos.
Por esta cantidade de 20 EUROS terás dereito a acceder gratuitamente a todos os partidos como local dos Seniors e a DESCONTOS EXCLUSIVOS para socios do clube (presentando o carnet de socio no establecemento) nas seguintes tendas e comercios de Riveira: Telepizza, Autoescuela Martiño, Asesoría Vidal Sampedro, Psicotécnico Barbanza, Clínica Fisioterapia María Martínez e Podium Sport. Esperamos que nos vindeiros días podamos engadir mais establecementos cos que estamos negociando a colaboración.
Todos os interesados en facerse socio do clube poden acercarse ata o Capitán Morgan ou falar con calquera membro da directiva do clube para que lle faciliten o seu carnet....
Estamos seguros que a xente de Riveira non nos vai fallar pero queremos que todos seades partícipes desde proxecto que vai máis ala do deporte.

Gracias de antemán.
COLABORA E SALVORÍZATE

No hay comentarios: