26 de julio de 2012

INICIO PRETEMPORADA EQUIPO SENIOR




Este xoves 26 de Xullo o equipo senior inicia os seus adestramentos de cara a temporada 2012/13 na que por primeira vez na súa historia competirá na 2ª Autonómica, tras o ascenso conquerido a campaña pasada.

O equipo manterá o bloque do ano pasado tendo como novedade o adestrador, xa que Alberto Campaña deixa o seu posto que será ocupado por Jesús Paz, ata o de agora adestrador das categorias base do clube, que ten preparada unha exixente pretemporada, con 3 adestramentos por semana e con partidos amigables, para chegar a punto o inicio da Liga

Unha pretemporada que comeza hoxe co único obxectivo de manter a categoría e consolidar o proxecto deste clube, como se pon de manifesto na idea de que varios cadetes van facer toda a pretemporada co equipo senior.

Nos vindeiros días iremos comentando a relación de partidos amigables que xogará o equipo para preparar a nova temporada. 


No hay comentarios: