18 de julio de 2012

CAMPUS DE FÚTBOL BASE "COPA SÁLVORA"








Do Martes 31 de Xullo ó Venres 3 de Agosto o Sálvora C.F. realizará o xa tradicional campus de Fútbol Base dirixido a nenos/as nados/as entre os anos 2000 e 2007, ambos incluídos, nas instalacións de A Fieiteira en horario de 10:30 a 13:00 que levará o nome de CAMPUS COPA SALVORA. Un campus que chega a cuarta edición e que se consolida como un dos atractivos do verán na nosa cidade.
Os motivos que levaron a creación deste campus, é a ilusión dun grupo de persoas que desexan que os nenos e nenas inicien as súas actividades deportivas a través da práctica do fútbol, como medio para ocupar e organizar o seu tempo de ocio e como fomentador e creador de hábitos relacionados coa saúde e benestar e desenrolar unha mellor calidade de vida.
Búscase fomentar a convivencia e favorecer a formación humana e deportiva cunhas actividades que combinan a ensinanza técnica e táctica, coa educación e a convivencia de nenos/as a través da práctica do fútbol.
Preténdese que a través da ensinanza técnica do fútbol intégrense outros aspectos educativos básicos para o desenrolo da persoa, valores coma o compañeirismo, xogo limpo, amizade, respeto polos demais, etc... todo isto constitúe o noso compromiso coa actividade do fútbol.
Queremos que este Campus de Fútbol sexa un aliciente para os rapaces do noso concello na época estival, xa que somo conscientes da importancia que ten o deporte na nosa poboación. Os participantes son o importante e o que se persegue é a súa diversión
O obxectivo e facer una grande festa do fútbol con adestradores que ensinen de forma amena, didáctica e entretida os secretos do fútbol, correxindo os errores técnico-tácticos e que adquiran e melloren hábitos deportivos e sociais para a súa  formación e aplicables a vida diaria.
Dous tipos de obxectivos básicos ten este campus:
-Educativos:
• Convivir de forma amistosa e cordial con nenos e nenas de idades similares, co obxectivo de ter novas amizades.
• Mellorar nos hábitos de disciplina, adquirindo valores de respeto polos demais, polos materias, polo cumprimento de tarefas, actividades e demais funcións a realizar.

-Deportivos:
• Desenrolar un método integral e globalizado no adestramento.
• Practicar o deporte do Fútbol, asimilando os principais contidos técnicos e tácticos que ofrece, tendo o factor diversión como obxectivo principal.

-¿Cómo inscribirse?

A participación neste campus custa 10 Euros e a forma de inscrición será da seguinte maneira ata o 30 de xullo:
  • Anotarse a través da web do concello www.riveira.es no apartado Actividades, asociacións e clubs. Tamén a través da paxina web do Sálvora salvoracf.blogspot.com ou no facebook do Salvora Cf Aficionado. 
  • O ingreso bancario de 10 euros realizarase na conta do Sálvora Cf nas oficina de La Caixa en concepto de Campus Sálvora e poñendo o nome do neno/a inscrito. Para máis información no correo salvoracfcampus@gmail.com.
 NOTA: O prazo para anotarse remata o 30 de xullo.

Enlace web: http://www.riveira.es/content.asp?contentid=3545

No hay comentarios: