Este fin de semana as categorías base do clube teñen partidos amigables:
Os cadetes e infantís de autonómica seguen coa súa preparación e viaxan ata Oroso para xogar contra os equipos do X. Oroso o vindeiro sábado 10 de setembro. Resaltar que o pasado fin de semana os cadetes gañaron ó Porto do Son por 7 a 1 e os infantis perderon ante o Cd Boiro por 5-2.
Os infantís de local, adestrados por Siño, debutan nun amigable o vindeiro sábado as 17:00 fronte o Carreira en A Fieiteira.
Os alevíns tamén debutan o sábado o equipo A, adestrado por Alvaro, fronte o Puebla e o equipo B, adestrado por Suso, fronte o Boiro B. Partidos que se xogan a domicilio
Os dous equipos benxamíns tamén debutan en amigables este sábado pola mañán fronte o Cd Boiro en Vista Alegre.
Tamén recordar que o equipo senior xoga a segunda xornada de Liga o Domingo 11 de setembro, a partir das 17:00 horas en A Fieiteira perante o Galicia Bealo coa intención se sumar 3 novos puntos que os manteñán no alto da clasificación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario