
A partir do 10 de Setembro e ata o 23 deste mesmo mes ábrese o plazo de inscrición da Escola de Fútbol Sálvora, que outro ano mais seguirá mellorando a oferta deportiva no Concello de Ribeira.
A actividade vai dirixida a nenos e nenas nacidos nos anos 2003,2004,2005, 2006 e 2007 e realizarase no Pabellón Deportivo do C.E.I.P O Grupo de Ribeira os días luns e xoves dende a primeira semana de Outubro ata a primeira semana de Xuño, os horarios están sen decidir en función dos participantes.
O obxetivo principal desta escola de fútbol é a de facilitar ao alumno ou deportista unha serie de coñecementos básicos da iniciación ao deporte e máis en concreto ao fútbol.O neno que realiza actividade física e máis en concreto un deporte colectivo como é fútbol, non sólo aprenderá contidos relacionados co deporte senón que tamén desenrolará valores ou hábitos fundamentais na vida cotiá.
- O custe da actividade será de 18€/mensuais repartidos en tres recibos trimestrais.
 
- ¿Cómo inscribirse na Escola de Fútbol Sálvora?
 
- A través do teléfono:693 405 004  (Siño).
 - Mediante correo electrónico: salvoracf@gmail.com.
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario