28 de junio de 2011

Torneo Campus Puebla F.C

O Sálvora A, quedaría apeado da competición en semifinais


O pasado fin de semana celebrouse na Pobra do Caramiñal o Campus Puebla F.C no que o Sálvora estivo representado na categoría Alevín e Benxamín.

Na maior das categorías os homes de José pasarían a fase de grupos no segundo posto logo de perder un encontro e gañar os outros dous. Nos cuartos de final se enfrontaría ao C.D Boiro que se levaría o encontro por un 2-0.

Na menor das categorías os franximarelos estarían representados por dous equipos. O equipo B, quedaría encadrado no Grupo D, donde remataría terceiro de grupo empatado a puntos co segundo clasificado quedando fóra da competición polo gol average. Os resultados serían unha vitoria fronte o Atl. Oleiros por 3-1, un empate 1-1 fronte o Unión e unha derrota fronte o Bertamiráns por 3-0.

O equipo A, realizaría unha fase de grupos moi boa gañando os tres encontros disputados na xornada do sábado. Nos cuartos de final se enfrontaría á S.D Abanqueiro aos que lle gañaría por un 2-0. Nas semifinais enfrontaríase ao Victoria C.F, nunha primeira parte moi disputada chegando ao descanso cun 0-0 no marcador sucumbirian por maior forza física dos coruñeses cun marcador de 3-0 na segunda metade.


¡¡¡¡Noraboa para todos os salvoristas!!!!!

No hay comentarios: