Logo dunha disputada Compostela Cup, o equipo Infantil rematou entre os catro mellores equipos da categoría Sub-14.
Nunha fase de grupos donde gañou un partido e perdeu dous clasificándose terceiro de grupo, nos oitavos de final se enfrontarían á S.D Abanqueiro, que nun partido moi disputado pasarían á seguinte rolda os franximarelos cun resultado de 1-2.
En cuartos de final derrotaron ó Santa Comba por 4-2, tras ir perdendo no descanso por 0-2.
Nas semifinais os homes de Artola e Fernando se enfrontarían contra o Bertamiráns que cunhas temperaturas moi altas e as baixas de Jonathan, Matías e Pablo caerían por un 2-6.
O encontro foi moi disputado con ocasións por ambos lados, chegando ao minuto 20 da segunda metade cun empate a dous no marcador, pero as lesións e a mellor forma física dos de Ames faría que se levaran o partido nos minutos finais.
Esta semana entra en competición a categoría Sub-12. Os homes dirixidos por Jose comenzarán a competición mañá mércores as 16:00h enfrentándose ao Cabo de Cruz no campo de A Barrosa, estarán inmersos no Grupo G no que ademais do citado clube estarán o Amio e a EF Faro. 
 

 
No hay comentarios:
Publicar un comentario