Este sábado a partir das 12:30h levarase a cabo a presentación oficial na Plaza do Concello de Ribeira das categorías inferiores do Sálvora C.F qu este ano contará cunha nómina formada por 120 rapaces repartidos en oito equipos e catro categorías,estes son os datos que avalan a boa xestión da base franxiamarela que ano a ano vai medrando considerablemente.
A todos estes rapaces temos que sumarlle os 60 nenos que tomarán partido na Escola de Fútbol Sálvora que outro curso máis abrirá as súas portas o vindeiro mes de Outubro no CEIP O Grupo de Ribeira.
O plazo de matrícula está aberto ata finais de mes e poderán participar todos aqueles rapaces nados nos anos 2003, 2004 e 2005.
Para máis información consulta no menú lateral a opción Escola de Fútbol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario