Este fin de semana levantará o telón a 3ª Autonómica G-8 no que o Sálvora se desprazará ao campo do Abanqueiro un recén descendido con moitas opcións para recuperar a categoría perdida.
O equipo que dirixe Alberto Campaña fixo unha boa pretemporada perdendo dous partidos contra rivais de superior categoría como foron o Atl.Riveira e X.Aguiño e obtendo 3 victorias contra Artes, Palmeira e Rois.
O balance desta pretemporada é positivo pero a pesar de isto o equipo franxiamarelo parte neste difícil inicio de tempada, enfrontarase a rivales chamados ao ascenso como son o Abanqueiro, Palmeira, Bealo e Queiruga, con baixas moi importantes como son Suso cunha rotura dunha costela, Roberto con rotura de radio, Juan con problemas musculares e Anxo con rotura de fibras.
O plantel estará composto por:
- Porteiros: Juancho,Juan e Javi.
- Defensas: Anxo, Borjita,Héctor,Suso,Barrosa,Iván.
- Medios: Marcos,Antonio,Jesús,Manuel,Siño,Roberto,Coira,Angel.
- Dianteiros: Piñeiro,Rey,Angel,Pichichi,Orlando, Damián.
Recorda Domingo 18 as 17:00h na Charca
AbanqueiroS.D-Sálvora C.F
No hay comentarios:
Publicar un comentario