O pasado fin de semana celebrouse nas instalacións de Vista Alegre en Boiro un Torneo organizado polo Abanqueiro Sd para categorias Base na que o Salvora CF participou nas categorias Benxamín co seu equipo B e Prebenxamín.
Non puido participar o Benxamín A xa que ese mesmo fin de semana estaba disputando a Fase Provincial de Futbol Sala en Riveira na que acadaron un novo exito proclamándose campións. Temos que agrader o Abanqueiro que ata o último momento estivo intentando cuadrar os horarios para que o equipo A do Sálvora poidera participar no campeonato pero polas reticencias de algúns clubes para cambiar o seu horario non fixeron posible que o noso equipo poidera participar. Unha magoa non só para os rapaces senón para o campeonato en xeral.
No que se refire os nosos equipos participantes temos que destacra que tiveron unha boa participación.
Os prebenxamíns tiveron moi mala sorte xa que perderon os seus partidos pola mínima. Co Abanqueiro A perderon 3-2 despois de ir gañando case todo o partido, co Boiro perderon 4-2 tras un mal inicio no que empezaron perdendo 3-0 e no último partido xogado o domingo a mañan perderon 1-0 co posteriro finalista o Abanqueiro C.
Destacar nos prebenxamíns que alguns dos nosos rapaces tamén participaron co equipo B de Benxamíns e ademais tiveron 2 partidos de liga co que o cansanzo fixo mella nos rapaces dirixidos por Siño e Coira.
Na categoría Benxamín gran papel dos rapaces adestrados por Francisco Sampedro "Artola" que estiveron a piques de clasificarse para os cuartos de final, nun grupo moi dificil donde estaba o CD Boiro, que foi o gañador do torneo e o X. Aguiño, 2 º clasificado na Liga.
Empezaron gañando 4-3 o Nebra a primeira hora da mañan, un gran resultado xa que na liga perderan os 2 partidos contra este equipo. No segundo partido perderon co gañador CD Boiro do torneo 9-0, un resutado engañoso xa que no descanso perdían só 1-0 e na segunda parte os rapaces baixaron os brazos e o poderío do Boiro fíxose notar.
No último partido co Aguiño, os dous equipos xogabanse o pase a cuartos, tendo ventaxa o Aguiño o cal valialle o empate. Nun encontro moi disputado ata o último minuto e posiblemente no mellor partido da temporada do Salvora B, tivo contra as cordas o Aguiño que so pudo sentenciar o partido cando os nosos rapaces se foron para arriba xa que o empate nosn le servía e tiñan que arriscar. O control do partido foi do Salvora ata os últimos minutos pero a calidade dos xogadores do Aguiño fixo que estes se levasen o partido por 3-1. De todas formas parabens para o noso equipo B que está demostrando que o traballo o longo do curso está pouco a pouco dando os seus frutos, tendo en conta que moitos xogadores son prebenxamíns ou benxamíns de 1º ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario