16 de junio de 2009

RESULTADOS LIGA PREBENXAMINS

Este fin de semana os prebenxamíns tiveron, ademais do Torneo de Abanqueiro 2 partidos de liga , que solventaron favorablemente e que os acercan ó título de liga.

O sábado a tarde desprazaronse ata O Preguntoiro para xogar co Porto do Son, nun partido que gañaron por 3-6. Os goles foron logrados por Javi Lijó 2, Javito, Sergio e Pablo Sampedro 2.

O domingo pola mañán xogaron no Campo da Prata en Caamaño donde venceron por 0-2 con goles de Pablo Sampedro e Roberto. Un partido moi dificil polas reducidas dimensións do terreo de xogo e das porterias, e polo cansanzo acumulado de xogar o torneo de Abanqueiro.

Con estes resultados o próximo sábado 20 as 12:15 horas poden conquerir o título se son capaces de gañar na Fieiteira o Caamaño. Se non o consiguen o sábado, terian outra oportunidade o domingo 21 as 12 horas, tamen na Fieiteira contra o Carreira que é o seu perseguidor.

No hay comentarios: