Hoxe mércores 30 de xullo recibimos
a visita na Escola de fútbol de verán do Sálvora CF, que se celebra en A
Fieiteira nos meses de Xullo e Agosto, de usuarios da Asociación Ambar que
compartirán a actividade de hoxe cos nosos nenos.
A intención desta iniciativa é
a de sensibilizar os nenos de cara a unha educación deportiva que se
caracterice pola inclusión e que todos os rapaces podan prácticar deporte xuntos,
e decir xeneralizar a práctica do deporte e da actividades física para as
persoas con discapacidade.
Para nos foi un pracer que a
Asociación Ambar aceptara a nosa invitación para que un grupo dos seus usuarios
asistiran e participaran nunha sesión de adestramento dentro da nosa Escola de
verán. Fixeron xogos, exercicios e acabaron con un partido de fútbol entre
todos, quedando encantados e querendo repetir a experiencia.

Esta iniciativa forma parte da política do pequeno clube riveirense donde se busca transmitir un amplo abanico de valores a través do fútbol, e únese as visitas realizadas nas derradeiras semanas de persoas vinculadas o mundo do deporte, (recordamos que anteriormente estiveron os xogadores Anxo Vidal e Adrián Armental, os adestradores Yago Iglesias e Jose Manuel Pose ou o Tricampeón Mundial de Para-Taekwondo Alex Vidal).
Desde o clube esperamos que
esta iniciativa sexa o inicio de unha colaboración con Ambar para axudar na
medida do posible nestas actividades.



No hay comentarios:
Publicar un comentario