23 de junio de 2014

BALANCE TEMPADA FÚTBOL BASE





Se tivéramos que poñer unha nota a campaña realizada por todo o Fútbol Base sería de SOBRESAINTE. Este tempada 2013/2014 supoñía unha proba de fuego para o Sálvora, debido a que as categorías cada vez se fan máis competitivas e se marcaban obxectivos moi ambiciosos para cada unha das categorías.

As expectativas foron cumplidas e con creces, xa que ademáis do campeonato da categoría Prebenxamín, o resto dos conxuntos do Fútbol 8, tiveron un papel moi destacado. Os Equipos A, que disputaron a 1ª Autonómica obtiveron un segundo posto en benxamíns e un cuarto posto en alevíns. 

Os equipos B, que disputaron a 2ª autonómica, tiveron unha actitude e dedicación que os levaron a postos meritorios nas clasificacións finais. Seguindo co Fútbol 8, destacar que se creou a categoría Biberón, donde 40 nenos chegados da Escola de Fútbol Sálvora, disfrutaron do primeiro contacto co deporte de competición.

En canto ao Fútbol 11, os resultados tamén foron moi bos. Os Infantiles de 1ª autonómica, acadaron a permanencia con holgura, obtendo un meritorio 9 posto na clasificación, sendo o único equipo do Concello de Ribeira, que competirá en dita liga para o ano que ven. O Infantil B, rapaces de primeiro ano, acadaron o undécimo posto, facer incapé en que este equipo era o primeiro contacto co Fútbol 11, e a adaptación e moi complicada. Aínda así moitos de estos xogadores do ano 2001, disputaron partidos co primeiro equipo.

Na categoría Cadete, logo dos problemas que tivemos non verán coa marcha de varios xogadores, obtívose a permanencia na 1ª autonómica. Estos rapaces loitaron cada punto en xogo e nunca perderon as gañas de competir e mellorar. Ademáis, arredor de 7 xogadores cadetes chegaron a debutar co equipo de xuvenil, que acadaría un meritorio cuarto posto na súa primeira tempada en competición. 

Concluíndo co repaso a esta tempada, agradecer a aqueles que seguen confiando en nós para seguir formando aos seus fillos, non sólo no ámbito deportivo, senón no cultural e social, parte moi importante deste clube.Os que xa non estarán con nós, desexarlle sorte nas súas novas andainas.


No hay comentarios: