9 de mayo de 2013

90 MINUTOS PARA FACER HISTORIA


Solo quedan 90 minutos para que o noso clube faga historia en varias das súas categorías.
Os primeiros serán os Infantiles de Provincial que o sábado  ás 12.15 horas na Fieiteira se enfrontan ao Melide, se obteñen mellor resultado que o Villestro estarán na Fase de ascenso a Liga Galega.
Os Cadetes de Provincial, abrirán a xornada do domingo ás 11.00 horas na Fieiteira, enfrontaranse ao A.D Manuel Peleteiro, se conseguen o mesmo resultado que o Val do Ulla, obterán unha praza para a fase de ascenso a Liga Galega.
Os Afecionados, que teñen un partido complicado fronte o Dodro, disputarán o domingo un encontro ás 17.00 horas na Fieiteira, de infarto, xa que teñen que mellorar o resultado do Cordeiro para ascender directamente a 1ª Autonómica.

Xa sabes, este fin de semán tes moitos motivos para animar ao teu clube.

¡¡¡¡¡Aupa Sálvora !!!!

No hay comentarios: