O vindeiro Domingo 10 de Marzo a partir das 17:00 horas
celebrase no Campo Municipal Sintético de A Fieiteira o partido do Grupo 5 de
Segunda Autonómica entre o Sálvora CF e o CD Sar.
A directiva do Sálvora CF (clube riveirense e colider
neste intre da competición), tomou a decisión de que todo o beneficio que se
recaude no encontro (Venta de Entradas e Rifas) será destinado a Real e Ilustre
Cofradía Da Dorna.
Esta iniciativa do club ben motivada porque consideramos
que un club coma o noso debe colaborar naqueles acontecementos e entidades que
fan que Riveira sexa coñecida a nivel galego e nacional, e que mellor acto que
colaborar dentro das nosas posibilidades coa Festa da Dorna, que ano tras ano
trae a milleiros de persoas o noso concello no mes de Xullo e fai que o nome de
Riveira traspase fronteiras. E xa non só pola propia organización da Festa
senón por todas aquelas actividades culturais e deportivas nas que a asociación
está presente, sempre velando polos intereses dos nosos veciños.
Unha pequena maneira de apoio que desde este pequeno e
humilde club do concello podemos ofrecer para colaborar con esta entidade que
xa leva “LXIV singladuras” facendo a Festa e que este ano chega os 65 anos máis
viva e forte que nunca e que necesita o apoio de todos para que a nova
singladura, en anos tan difíciles económicamente, sexa un éxito.
Esta campaña benéfica de recadación da nosa
taquilla para a Real e Ilustre Cofradía da Dorna enmárcase dentro da
responsabilidade social que coma club de Riveira, con máis de 150 nenos na súa nómina e cunha ampla masa
social e de aficionados, ten o deber de colaborar con aqueles entidades que
buscan o desenrolo de Riveira e súmase a outras iniciativas como a Campaña de
apoio a Cáritas, ou a realizada cando se quixo recortar a cota do lirio e na
que desde esta entidade estivo colaborando con pancartas e brazaletes nos
partidos que as súas diferentes categorías xogaban.
Recordar que a roda de prensa de Presentación
desta Campaña será o vindeiro Xoves 7 de Marzo as 19:30 horas no Local da Real
e Ilustre Cofradía da Dorna sito no baixo do Palco de Pedra do Malecón.

No hay comentarios:
Publicar un comentario