8 de agosto de 2012

INICIO PRETEMPORADA CADETES E INFANTIS

O vindeiro Xoves 9 de Agosto os equipos cadetes e infantis comezan os adestramentos para preparar a nova temporada.
Os Cadetes tralo ascenso conquerido a temporada pasada participarán na 1ª Autonómica e seguirán adestrados por Fernando e Artola tendo como obxetivo a permanencia nunha nova categoría que comezará o vindeiro 2 de setembro. Os Cadetes debutarán na casa diante de outro equipo recén ascendido como é o Milladoiro.
Os Infantís A, que seguirán adestrados por José García, tras conseguir manterse o ano pasado voltarán a competir na 1ª Autonómica e de novo intentarán manter a categoría.
Nos vindeiros días comezarán os adestramentos do resto de categorias.

No hay comentarios: