Imos a facer un resumo desta temporada de tódolos equipos do clube para dar por rematado este ano de competición.
Na categoría Prebenxamín o equipo A dirixido por Anxo Orellán gañou a Liga e participou na Fase de Campeóns da Zona Norte, sendo o primeiro equipo deste clube que o consigue. O equipo dirixido por Cuco quedou octavo na Liga con componentes saídos da Escola de Fútbol do clube.
Na Categoría Benxamín o equipo A dirixido por Coira acadou o terceiro posto na Liga, con xogadores que algúns deles foron debutando na categoría alevín, o equipo B dirixido por Damián quedou de noveno e o equipo C de Anxo Orellan logrou o decimoterceiro posto.
Na Categoría Alevín, o equipo A de Alvaro logrou o cuarto posto e o que consideramos máis importante e que foi que 2 xogadores debutaron en infantís no equipo de Provincial e o resto do equipo disputou un gran número de partidos co equipo infantil de Local, collendo a experiencia necesaria para o vindeiro ano no que xa compiten a fútbol 11. O equipo B dirixido por Suso e on xogadores de primeiro ano acadou a sexta plaza e tamén moitos dos seus xogadores xa disputaron partidos co Infantil de Local.
Na Categoría Infantil o equipo A que participaba por primeira vez na Provincial acadaron un destacado oitavo posto, conquerindo a permanencia de maneira moi clara cun equipo na súa maioria de primeiro ano.
O equipo B, que competiu en Local logrou a undécima plaza e continuou a tarefa de ir formando os xogadores para que podan dar o salto o equipo de Provincial.
Na categoría Cadete, o Sálvora contou este ano cun equipo por primeira vez adestrado por Artola e Fernando e os resultados non puderon ser mellores xa que conseguiron o segundo posto e lograron o ascenso directo a Provincial cun equipo formado no 90% por xogadores de primeiro ano, e no que ademais debutaron xa varios infantís.
Na categoría Senior o equipo de Alberto Campaña logrou o título de liga e consigueu o ascenso a Segunda Autonómica por primeira vez na historia do Sálvora e na que competirá a vindeira temporada.
Desde a directiva queremos agradecer os adestradores a labor feita durante esta temporada con tódalas categorias dunha maneira totalmente altruista.
Tamén agradecer o apoio dos colaboradores, o traballo dos nenos, o apoio e a confinza dos pais/nais e o esforzo de todos os que dunha ou doutra maneira colaboran e forman parte de toda esta gran familia que é o SÁLVORA CF...
¡¡¡PARABÉNS A TODOS!!! e a disfrutar do verán e das festas. Vémonos na seguinte temporada....
No hay comentarios:
Publicar un comentario