Continúan os éxitos para o clube. Tras a consecución da Liga dos Seniors e dos Prebenxamíns durante a semana pasada, o o equipo cadete tras gañar onte domingo a domicilio o Cacheiras por 2 goles a 3, asegurouse a segunda plaza na Liga e logra o ascenso a 1ª Autonómica.
O equipo adestrado por Fernando e Artola, tras conquerir o ano pasado o título da categoría infantil, sumaron este ano un novo éxito o conseguiron o ascenso no seu debut na categoría cadete. Cun equipo formado nun 90 por cento por xogadores de primeiro ano e coa prensencia habitual de infantís, aseguraron onte domingo o segundo posto da Liga.
O equipo está formado por Álvaro, Iago, Kike, Stefan, Dani Silva, Josemi, Matias, Diego, Nacho, Dieste, Sampayo, Fran, Graña, Marcos, Alex, Lijó, Juanjo, Ramón, Lustres e tamén contaron coa axuda dos infantis Rubén, Jaime e Jhonny.
¡¡¡¡¡NORABOA!!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario