
O pasado venres 17 de xuño o Sálvora CF foi recibido polo Alcalde do Concello de Riveira D Manuel Ruiz Rivas, como homenaxe a grande campaña realizada polo clube. Aproveitouse este acto para que o Responsable da Delegación de Santiago de Fútbol D. Enrique Fernández Otero entregase os trofeos de campeóns de Liga os equipos infantil, alevín e benxamín do clube. No acto tamén estivo presente o novo concelleiro de Deportes D. Juan Luís Martínez e o delegado da Federación Galega de Fútbol D Nelsón Barreiro.
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario