30 de septiembre de 2008

Baroña 1 -Sálvora cf 1

Un bo comezo de partido tivo o Sálvora no seu desprazamento a Baroña, conseguindo o 0-1 no minuto 10 da primeira metade. Logo o equipo de Fran seguiu atacando a portería do equipo local pero con sorte dispar, unhas veces os paos e outras a mala puntería fixeron que non subise ningún gol a conta visitante no que restaba de partido.

Na segunda parte máis do mesmo, derroche físico dos salvoristas e agazapamento do equipo do Son, ata que a 10 minutos do final cando o Sálvora atacaba a portería de "Tita", chegou o gol do empate de equipo local.

Chegaríase así ó final dos 90 minutos co empate 1-1.

O entrenador salvorista Fran mostrouse contento co xogo do seu equipo " tivemos moi boas aparicións polas bandas e tamén no xogo interior, pero non tivemos sorte de cara o gol".

O Sálvora disputará contra o Olveira o seu próximo encontro, o domingo día 5 de Outubro as 16:30h na Fieiteira.

No hay comentarios: