21 de diciembre de 2016

RESUMO PARTIDOS FIN DE SEMANA


No breve resumo semanal da fin de semana destacamos o empate dos Seniors ante o Porto do Son CF a 2 goles, tras ir perdendo ao descanso por 0-2. Están terceiros clasificados no parón navideño.
Os Xuvenís empataron a 1 gol ante o Victoria CF. Son antepenúltimos a 4 puntos da salvación na metade da competición.
O Cadete "A" venceu por 4-2 ao CD Unión, un dos rivais para meterse nos postos de promoción de ascenso a Liga Galega e acaban a primeira volta como segundos clasificados por detrás do intratable lider o Sp. Estrada. Ante un dos equipos feitos para xogar a promoción, cunha selección de rapaces de diferentes equipos do Barbanza e con xogadores que xa disputaron minutos na Liga Galega Xuvenil, os de Alvaro Fernández Pérez foron capaces de vencer e poñer diferencias cos seusrivais para meterse entre os 5 primeiros.
O Cadete "B" venceu a domicilio o SD Abanqueiro por 1-5.
O Infantil "A" venceu por 4-1 o CD Unión e segue loitando por salvar a categoría, cunha permanencia que vai estar moi cara por culpa da cascada de categoría superior.
O Infantil "B" tamén venceu por 0-5 ante o CCD Taragoña.
O Alevín "A" venceu 1-3 o CD Boiro e loitará por meterse entre os 5 primeiros e segue formando xogadores para os infantís.
O Alevín "B" caeu por 2-8 ante a SD Xuño, nun partido xogado a primeira hora do domingo.
O Benxamín "A" caeu por 1-2 ante o Ulla CF e remata a 1ª Fase en segunda posición.
O Benxamín "B" de Sergio e Damián Sampedro Fernandez venceu por 1-6 o Efm Concello de Boiro "C".
O Prebenxamín caeu por 0-4 ante o Cordeiro CF e seguen disfrutando e mellorando partido a partido.
Os Biberóns empataron a 3 goles ante a Ed Concello de A Pobra na Liga de Fútbol Sala.
Deixamos fotos da festa da categoría Infantil.





No hay comentarios: