2 de diciembre de 2016

PARTIDOS FIN DE SEMANA E NOVO SOCIO COLABORADOR

Recordade que todos os partidos federados que xogan os nosos equipos entre o sábado e o domingo celébranse en A Fieiteira. 
Os Seniors reciben o domingo o Lesende Lousame as 16:30 horas. 
Os Xuvenís de Juan Luis Hernandez Florimon reciben o sábado, despois do Clásico, as 19:00 horas o Cd Conxo "B".
O Cadete A de Alvaro Fernández Pérez xoga domingo as 11:00 horas e tamén recibe o Cd Conxo "B".
O Infantil A de Anxo Orellán Fernández tamen xoga o domingo as 12:30 hora se recibe a SD Cabo de Cruz.
O Alevín A de Javier Bragado Diez e Javi Castro Sampedro xoga o sábado as 10:00 horas recibindo o Ulla CF.
O Benxamín B de Sergio e Damián Sampedro Fernandez recibe o sábado as 11:00 horas o EF Boiro.
O Prebenxamín de Marina Ramos Rivas e Francisco Manuel Sampedro Pérez xoga o sábado as 12:00 horas recibindo o CD Sar.
O Biberón, que xoga a Fútbol Sala na liga de Boiro, disputa o seu partido no Polideportivo de Valiño o sábado as 19:00 horas ante o Crocha CF.
Aproveitamos esta nova para dar a benvida a un novo Socio-Colaborador NEUMÁTICOS SECO. Gracias por colaborar con nós esta temporada 2016-2017.


No hay comentarios: