5 de abril de 2016

EQUIPO XUVENIL: CAMPEÓN DE LIGA E ASCENSO A 1ª AUTONÓMICA


O pasado sábado o equipo Xuvenil proclamouse Campeón de Liga tras derrotar o Atl. Riveira por 2 goles a 0 e unido a derrota do CD Sar ante o CD Rois por 2-1. A falta dunha xornada para finalizar a competición son Campeóns de Liga e ascenden a 1ª Autonómica.
Un conxunto de rapaces que, a maior parte deles, estiveron presentes nos 3 ascensos do clube a 1ª Autonómica, primeiro en Infantís, logo en Cadetes e agora en Xuvenís. Un grupo o que se sumaron rapaces que levan coa nosa entidade desde Benxamíns, e outros rapaces que nos derradeiros anos ficharon por este equipo. Tamén destacar que varios Cadetes estiveron presentes nas alineacións e nas convocatorias co equipo xuvenil e tamén teñen a sua parte de éxito. 
Por suposto felicitar o seu adestrador Fernando Abelleira Paz e a todo o grupo, quen a pesar de todos os atrancos, (soamente o grupo sabe o que realmente sufriron nestos derradeiros partidos) conqueriron este título e ascenso para o clube. 
Os compoñentes que participaron na consecución deste título son os seguintes: Adrian Pérez Maneiro, Alberto Gude, Ángel, Nacho Abelleira Paz,Pablo Ageitos Rodriguez, Matias Amaya Regueira, Marcos Argibay, Dani Carreira, Pablo Clemente, Fernando Hornero Franco, Diego Lijó Lampón,Jose Manuel Graña Oujo, Fran López, Iago Lustres Rey, Fran Parada,Pablo Rodriguez Novo, Nacho Silva Maneiro, Jaime Vázquez e Juanjo Vidal. A estos xuvenís temos que engadir os Cadetes que participaron nalgún partido con esta categoría Joel Diaz, Rubén Campaña López, Ruben Fandiño, Enrique Balsa Maneiro, Pablo Vidal, Manu Parada e Pablito Sampedro Perez.
Esperemos que "alguén" se acorde deles e desta entidade que "tan mal fai as cousas" pero sempre as fai na medida das súas posibilidades...........‪#‎COAAXUDADETODOS‬.

No hay comentarios: