16 de octubre de 2014

XORNADA: "OS PAIS: O REFLEXO DO NENO NO FÚTBOL BASE"

XORNADA “OS PAIS: O REFLEXO DO NENO NO FÚTBOL BASE”
O vindeiro domingo 19 de outubro o Sálvora CF organiza unha xornada educativa para tratar a importancia e funcións da figura dos pais no deporte base, neste caso centrado no fútbol. Baixo o nome de “ Os País: O reflexo do neno no Fútbol Base” levaremos a cabo unha charla para analizar os aspectos máis importantes da función dos pais no deporte de base.
A xornada levarase a cabo no Auditorio Municipal de Riveira  o domingo 19 de outubro as 11:00 horas organizada polo Sálvora CF en colaboración co Concello de Riveira que nos cede a instalación, e por suposto está aberta a todos os interesados neste tema.
Os poñentes serán o Licenciado en INEF, Técnico especialista en Coaching e Psicoloxía Deportiva e adestrador palmeirense Yago Iglesias que na actualidade está no equipo Xuvenil do Santiago de Compostela, de Liga Nacional e que entre outros equipos estivo no CD Boiro, Portonovo SD, Pontevedra CF, Puebla CF, Atlético de Riveira e no equipo saudí do Al-Ittihad. A esta actividade únese o seu traballo como profesor na Escola Galega de Adestradores e Siño Campaña Graduado en Educación Primaria na especialidade atención a diversidade, Monitor de fútbol base e actual adestrador do equipo senior do Sálvora CF.
Esta iniciativa forma parte da política do pequeno clube riveirense que promove diferentes tipos de actividades para o beneficio da sociedade, sobre todo da xente de Riveira (concello que pertence esta entidade) e da comarca do Barbanza, polo que invitamos a todos os interesados/as a participara nesta xornada.

No hay comentarios: