Gran victoria obtida na tarde de onte polo equipo senior en Pontecesures, donde demostraron a capacidade de reacción ante as numerosas baixas coas que viaxaban para disputar este encontro.
Os homes dirixidos por Siño Campaña dominaron o encontro de principio a fin,donde encontraron un rival moi replegado e que buscaba as contras como parte argumento principal do seu xogo. No minuto 5 adiantaríase o equipo salvorista por medio de Pulgui, cun disparo dende a frontal da área logo de realizar un slalom dende a banda esquerda e batir ao porteiro local cun tiro cruzado. No minuto 10 volveríase a adiantar no marcador por medio de Carlos logo de unha boa xogada dentro da área que remataría cunha vaselina ao porteiro.
O dominio no xogo seguía sendo do Sálvora que non dou ata ese momento nin un respiro ao Furia, así no minuto 30 volveríase a adiantar no marcador cunha boa definición de Jasiño, con este marcador chegaríase ao remate da primeira parte.
A segunda parte comezaría cun dominio alterno, debido a que o Furia botou liñas adiante en busca de gol, que chegaría logo dun saque de esquina que colleu a zaga blanquiazul relaxada. Xa no minuto 52 volvería a marcar o Sálvora por mediante Damián finalizando dentro da área un bo pase de Jasiño. Volvería acortar distancias no marcador o Furia cun remate dentro da área. Sergio no minuto 60 pondría o definitivo 2-5 logo dun centro do xuvenil Adri que debutaba onte co primeiro equipo ao igual que Diego Lijó.
Sálvora C.F: Javi Santos, Rafa, Coira, Simón, Cristian, Lado, Álvaro, Damián, Jasiño, Carlos,Pulgui. Suplentes: Iván( min.65), Diego(min 70), Adrián (min 63), Sergio(min 55),Graña( min 50).

No hay comentarios:
Publicar un comentario