Coira no partido fronte o Bastavales
Saíu a competir o equipo dirixido por Siño Campaña, e demostraría as ganas de obter os tres puntos dende o primeiro minuto, cando nunha falta frontal, o pichichi do equipo Moisés, acadaría o 1-0 para os salvoristas. Durante a primeira parte o dominio foi para o Sálvora , donde no minuto 25 se volvería a adiantar no marcador gracias a Carlos que bateu ao porteiro local dun tiro cruzado logo de unha boa xogada individual dentro da área.
Seguirían a este gol 15 minutos de bo xogo colectivo, donde os riveirense foron superiores ao equipo da Mina que se acercaba a meta de Iván en esporádicas ocasións, derivadas de faltas laterais ou córners. Xa no minuto 39 chegaría o 0-3 por medio de Cristian cun bonito chupinazo dende o borde da área no que o meta local nada podería facer.
Con este resultado chegaríase ao descanso. A segunda parte comezaría con ocasións alternas para ambos conxuntos que non foron materializadas nunhas ocasións por paradas meritorias de ambos porteiros e noutras ocasións por erros dos dianteiros. Con este resultado de 0-3 chegaríase ao remate do encontro, donde o Sálvora acada 3 puntos para seguir na liña ascendente de xogo e puntuación.
Sálvora: Iván, Coira, Simón, Héctor, Elvis, Álvaro, Isma, Carlos, Damián, Moisés. Suplentes: Moncho, Javi Santos, Suso Campaña, Rafa, Pulgui.

No hay comentarios:
Publicar un comentario